Xoves 9, volve o sol e suben as temperaturas

08 Abril 2026

Galicia recuperará este xoves a influencia do anticiclón das Azores, o que traerá unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica en boa parte da comunidade.

Segundo as previsións, a mañá comezará con presenza de néboas e nubes baixas, que irán desaparecendo co paso das horas para deixar ceos pouco nubosos ou despexados en xeral. Con todo, na metade norte de Galicia agárdase maior nubosidade, con posibilidade de brétemas costeiras ao longo do litoral.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas subirán de forma moderada, sendo este ascenso máis notable na metade sur do territorio galego(28 na costa 23 no interior).

En canto ao vento, soprará do norte-nordés con intensidade moderada na maior parte da comunidade, aínda que se prevén refachos fortes no tramo costeiro comprendido entre Bares e Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: vento do norte á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.