Villaverde fai balance dos apoios autonómicos ao marisqueo e destaca os 23 millóns para recuperar os bancos

21 Abril 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este martes 21 de abril no pleno do Parlamento de Galicia a xestión da Xunta ante o episodio de mortalidade derivado dos temporais de comezos de ano. Durante a súa intervención, Villaverde reafirmou o compromiso “real e con feitos” do Goberno galego, que, dixo, “está a mobilizar un paquete extraordinario de 22,7 millóns de euros para axudar ás persoas mariscadoras a recuperar os bancos”.

A titular de Mar detallou que a maior parte deste esforzo inversor, 19,2 millóns de euros, articúlase a través de convenios bilaterais de colaboración coas confrarías. “Este modelo de co-xestión”, sinalou, “permite que as propias entidades deseñen os seus plans de rexeneración —incluíndo sementeiras, limpeza de bancos ou acondicionamento do substrato, entre outros— mentres as persoas mariscadoras reciben unha compensación de aproximadamente 700 euros mensuais por estes traballos”.

A este importe súmanse 1,5 millóns para repoboación e outros 2 millóns destinados a proxectos de restauración da biodiversidade mariña, engadiu, ao tempo que criticou a política do Goberno central, que, na súa opinión, “non respondeu á solicitude formal que lle trasladou a Consellería do Mar para que bonifique as cotas da Seguridade Social para os profesionais afectados, nin mobilizou recursos tras declarar a Galicia como zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil no Consello de Ministros do 10 de febreiro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.