Sirves celebrará as festas na honra dos Dolores nesta fin desemana

08 Abril 2026

A Festa dos Dolores celebrarase en Sirves (Olveira, Ribeira) nesta fin de semana cunha programación na que a música terá un gran peso. O Concello de Ribeira colabora coa comisión de festas para que o ambiente festivo impere neste lugar da parroquia de Olveira.

“Reafirmamos o noso apoio ás comisións de festas que operan no noso municipio polo labor desinteresado que fan para dinamizar as distintas parroquias e lugares da nosa xeografía”, manifestou o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, na compaña do presidente da comisión, José Martínez, e do vogal, Aitor Riesco.

A celebración comezará no sábado, 11 de abril, coa verbena a cargo de JB Son e Planet Discomovil con DJ Machito, a partir das 23.00 horas, na explanada do polideportivo, para continuar coas actividades no domingo,12 de abril, cando se concentrará o groso do programa. Tahume anunciará o inicio da xornada, ás 10.00 horas, coas dianas e alboradas para, ás 13.00 horas, asistir á misa solemne. Despois tocará desfrutar da sesión vermú amenizada por Os Bugis e inchábeis de YumiYai Park.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.