Santiago acolle a mostra ‘Camelia, Flor de Galicia’ con máis de 200 variedades na Semana Santa

02 Abril 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou a exposición Camelia, Flor de Galicia, unha proposta que converte a capital galega nun dos destinos destacados desta Semana Santa.

A mostra, organizada pola Xunta de Galicia, pode visitarse no Pazo de Fonseca, nun enclave histórico situado xunto á Catedral, e reúne máis de 200 variedades de camelias combinadas con elementos decorativos do traxe tradicional galego.

Durante a inauguración, Merelles destacou que a exposición “pola súa dimensión, variedade e atractivo está chamada a converter Santiago nun destino imprescindible nesta Semana Santa”, ao tempo que subliñou a importancia da camelia como símbolo identitario da oferta turística galega.

A iniciativa contribúe a reforzar o atractivo da Semana Santa de Santiago de Compostela, recoñecida desde 2018, incorporando un elemento singular como é esta flor, introducida en Galicia a finais do século XVIII e hoxe convertida nun referente internacional.

A exposición mestura cultura botánica e tradición nun espazo de gran valor arquitectónico como o claustro do Pazo de Fonseca, e conta coa participación de 25 coleccionistas e entidades, entre elas a Asociación Galega da Camelia, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro ou o Pazo Quinteiro da Cruz.

Como novidade, a mostra incorpora contidos audiovisuais e permite aos visitantes descubrir produtos turísticos vinculados a esta flor, como a Ruta da Camelia en Flor, un itinerario creado en 2005 que integra 19 espazos singulares de Galicia.

A exposición estará aberta ao público con entrada libre o xoves 2 de abril de 13.00 a 21.00 horas, e o venres 3 e sábado 4 de abril de 11.00 a 21.00 horas.

Con esta proposta, Turismo de Galicia continúa a apostar por diversificar e enriquecer a oferta turística de Santiago, ofrecendo experiencias culturais e naturais de calidade para visitantes e veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.