Ribeira leva aos colexios formación para detectar e actuar ante a violencia contra a infancia

26 Abril 2026

O Concello de Ribeira, en colaboración coa Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional, está a desenvolver nos centros educativos do municipio un programa de charlas dirixido ao profesorado para mellorar a detección e intervención en casos de violencia contra a infancia.

Baixo o título “Detección, intervención e notificación en situacións de violencia contra a infancia”, estas sesións abordan os procedementos a seguir ante posibles situacións de desprotección infantil, así como as obrigas legais recollidas na Lei Orgánica 8/2021 de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI).

As charlas son impartidas por axentes da UFAM e pola educadora social dos Servizos Sociais municipais, no marco da Mesa Local da Infancia e Adolescencia. O obxectivo é dotar ao persoal docente de ferramentas prácticas para identificar sinais de risco e actuar de maneira coordinada e eficaz.

Ata o momento, a iniciativa chegou a centros como o Galaxia, Heroínas de Sálvora, Bayón, Sagrado Corazón de Jesús, Leliadoura, A Milagrosa e a Escola Infantil Municipal. Precisamente neste último, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou recentemente nunha visita para coñecer de primeira man o desenvolvemento das sesións e os protocolos de actuación.

A programación continuará nas vindeiras semanas en centros como o Grupo, Amicos e o IES Nº1. Ademais, de cara ao próximo curso académico, o Concello abrirá a posibilidade de que todos os centros educativos do municipio poidan solicitar estas charlas, independentemente de que formen parte da Comisión Educativa.

Os centros interesados en participar ou en recibir máis información poden contactar a través do correo electrónico educadora@ribeira.gal.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.