Ribeira acolle o mércores unha charla aberta sobre acoso escolar dirixida a familias e educadores

07 Abril 2026

A comunidade educativa de Ribeira contará esta semana cunha nova actividade formativa centrada na prevención do acoso escolar. A ANPA Santa Uxía organiza unha charla aberta á cidadanía dentro do programa da Escola de Nais e Pais.

A sesión terá lugar o mércores 8 de abril, ás 17.00 horas, no CEIP Plurilingüe O Grupo, concretamente na Aula Aberta de Aprendizaxe situada no recinto escolar.

A actividade estará impartida pola psicóloga Carmen Hermo, que abordará o fenómeno do bullying, analizando os distintos tipos de acoso escolar e ofrecendo ferramentas para a súa detección e prevención.

A charla está dirixida a nais, pais, familias, profesorado e calquera persoa interesada, e será de acceso libre e gratuíto. A iniciativa conta tamén coa colaboración do centro educativo e do CAFI.

Desde a organización fan un chamamento á participación, destacando a importancia de sensibilizar á sociedade sobre esta problemática e implicar a toda a comunidade educativa na súa prevención.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.