“O idadismo bota raíces nas compañías de seguros” – Antón Luaces

24 Abril 2026

Por moito que se pretenda envurullar a verba, o idadismo non é outra cousa que o prezo que temos que pagar por cumprir anos. É marcar unha evidente discriminación que se percibe en, por exemplo, o incremento de cotas que -poñamos un octoxenario- debe pagar pola vixencia do seguro de accidentes do seu vehículo a motor. A máis anos do condutor, maior tarifa a pagar por este. Ou ao revés: cantos menos anos de práctica conducindo por parte do asegurador, máis a pagar polo seguro do vehículo a utilizar. Pode ser idadismo interpersoal, institucional ou mesmo autoinfrinxido. En calquera destes tres conceptos, o idadismo é discriminatorio, prexudicial ou de estereotipos baseados na idade. E como dicía anteriormente, afecta especialmente a persoas maiores ende ben asimesmo ás xoves.

Evidentemente, o idadismo implica, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), como pensamos, sentimos e actuamos cara aos demais pola súa idade, limitando a súa participación social e benestar.

Hai, polo tanto, efectos e consecuencias nos afectados por tal situación de idadismo na saúde, na economía, no impacto social e só poden contrarrestarse os seus efectos por medio da educación, as políticas, a interxeneracionalidade e a linguaxe. Unha persoa que ten entre 60 e 70 anos é un “adulto maior”. Foi o termo acuñado por Robert Butler nos anos 60 do século pasado para se referir aos estereotipos e prexuízos existentes en relación ca idade. Esta é utilizada para categorizar  e dividir ás persoas provocando danos, desavantaxes e inxustizas, como salientaba anteriormente co tema dos seguros de coches.

Todo isto porque os anos nos impoñen ritmos de actividade máis pausados, problemas no sistema excretor, cambios nas necesidades metabólicas, avellentamento celular, limitacións sexuais e sociais considerábeis e distinta autopercepción. 

E todo isto serve a moitas compañías de seguros e reaseguros a fixar cotas prohibitivas para os “maiores” a crear nestes unha dependencia que non sempre está xustificada.   

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...