O Concello de Ribeira adxudica o Servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades

15 Abril 2026

O Concello de Ribeira avanza na asistencia ao persoal municipal coa adxudicación do Servizo de Prevención Allea nas súas catro modalidades para garantir a seguridade, a saúde laboral e unha adecuada prevención de riscos no conxunto dos posto de traballo municipais. Este servizo incluirá as especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, así como Medicina do Traballo e Vixilancia da Saúde Colectiva. O ámbito do contrato estenderase á totalidade dos postos de traballo do Concello de Ribeira, así como ás súas instalacións e dependencias.

Incluirá tamén os novos postos, instalacións e dependencias municipais que se dean de alta durante a vixencia do contrato, así como aqueles servizos que o Concello poida precisar con carácter extraordinario.

O orzamento de licitación situouse nos 125.356,40 euros, IVE incluído, se ben a empresa Gerosalud, S.L. resultou adxudicataria por contar coa mellor oferta das dúas que concorreron ao proceso. O prezo final do servizo é de 86.065,60 euros, con impostos, durante un período de dous anos, con posibilidade de prórroga outros dous.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.