O Concello de Muros proxecta un parque interxeracional en Serres ao carón da nova Aula Sostible dos Outeiriños

28 Abril 2026

O Concello de Muros ten listo un proxecto para construír un parque interxeracional na parroquia de Serres, que completará a Aula Sostible de Outeiriños, a antiga escola de Serres. O parque incluirá unha zona de descanso, pista polideportiva, zona de xogos infantil, unha zona biosaudábel e mesas de xogo para todas as idades.

“Será un parque para veciños e veciñas de todas as idades, un espazo para o lecer no que poidan xogar os nenos, facer exercicios as persoas maiores e tamén compartir tempo todos xuntos nas mesas de xogo”, explica a alcaldesa, María Lago, engadindo que o Concello xa presentou o proxecto e solicitou unha subvención con fondos LEADER á Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

Os traballos de recuperación da antiga escola unitaria de Serres para o proxecto da Aula Sostible dos Outeiriños rematarán a curto prazo.

“O inmóbel acollerá un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades, impulsando un programa de educación e sensibilización medio ambiental e do sector pesqueiro”, lembra María Lago.

En concreto, o proxecto divide a antiga escola unitaria en dúas zonas diferenciadas: por un lado, no andar baixo un lugar adicado á recuperación de plásticos, no que o Concello traballará de forma conxunta con ADISBISMUR e a asociación de mulleres do mar. No andar superior do inmóbel haberá un espazo de educación ambiental.

O proxecto ten un orzamento que ronda os 375.000 euros. O Concello de Muros aportou 174.837 euros e recibiu unha axuda do GALP de 198.878 euros.

“A rehabilitación da antiga escola unitaria servirá para dinamizar o tecido asociativo da parroquia de Serres e as actividades da veciñanza”, conclúe a alcaldesa, “polo que agora queremos completar o proxecto co parque interxeracional ao carón do inmóbel”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.