O Club de Lectura Ámbito Cultural Santiago empeza con María Solar como convidada

22 Abril 2026

O Club de Lectura Ámbito Cultural Santiago presentouse este martes, no espazo de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Compostela coa participación da xornalista e escritora compostelá María Solar como convidada.

Tras este encontro de presentación ante os medios, a primeira cita oficial do club ten lugar este mércores 22 ás 19.00 horas.

A iniciativa enmárcase na semana final do denominado Mes do Libro, unha programación especial impulsada por Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago.

O acto de presentación contará tamén coa presenza de Miguel García-Fernández, coordinador do Club de Lectura, quen dará a coñecer os obxectivos e o funcionamento deste novo proxecto cultural. Pola súa banda, María Solar será a autora convidada na sesión inaugural do club.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.