Maneiro estará o 18 de abril na Pousada (Boiro)

09 Abril 2026

Javi Maneiro, ex-vocalista de Heredeiros da Crus, estará o vindeiro 18 de abril en Boiro, na Pousada da Galiza Imaxinaria, ofrecendo un concerto no que fará repaso da súa carreira en solitario e presentará os novos temas que avanzan o seu novo traballo discográfico, entre os que se atopan A miña mellor versión. A cita será o sábado 18 na Pousada a partir das 22.30 horas (apertura de portas). As entradas poden mercarse a 20 euros (anticipadas) en acantaruxaproducciones.com, A Pousada e a tenda boirense Baldani Concept Store. Tamén poden adquirirse na billeteira o mesmo día do concerto a 25 euros.

Javi Maneiro é natural da Pobra do Caramiñal, mais reside en Ribeira desde hai 25 anos. Coñecido por ser ex-vocalista de bandas como Heredeiros da Crus e Xabón Blue, no 2014 inicia a súa carreira en solitario, unha traxectoria que compaxinou co seu traballo nunha fábrica de conservas. Non 2017 lanza a súa primeiro LP Furtivos e, dous anos despois, o segundo, Acaricia mis arrugas.

Tan só un ano máis tarde, en 2020, publica un disco acústico en formato video-álbum, Palabras dun descoñecido.

En 2021, para celebrar os seus 30 anos na música, comeza a traballar no que foi o seu cuarto disco, Un bonito despertar.

Este ano 2026 Maneiro vén con novos temas trala súa ruptura cos Heredeiros. Por exemplo o tema A miña mellor versión, que, segundo sinala o propio músico, marca unha nova etapa na súa carreira, agora exclusivamente centrada no proxecto “Maneiro”. Producido por Fran Gude e arranxado por Rubén Cores, que ademais gravou guitarras e coros, o tema conta coa colaboración especial de Anxo Pintos á zanfona, percusións e a frauta.

Na composición da letra e música atópase o propio Maneiro, que sinala que A miña mellor versión camiña entre a melodía do pop, a esencia do rock e a musica de raíz tradicional galega.

A miña mellor versión é o primeiro dos sinxelos que irán vendo a luz, e que a finais de ano formarán parte do novo disco de Maneiro

Podemos escoitar o tema en Theorchard.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.