Mandas de xabarís pasean polo centro de Rianxo e aumentan a preocupación veciñal

29 Abril 2026

A presenza de xabarís en pleno casco urbano de Rianxo volve ser noticia tras a aparición dunha manda que sorprendeu a condutores e peóns durante un dos seus habituais paseos nocturnos. Os animais, que poden percorrer ata quince quilómetros nunha noite, foron vistos deambulando polas rúas da vila e mesmo nas inmediacións do porto.

Tvg

Lonxe de ser un feito illado, a súa presenza converteuse xa nunha escena frecuente para a veciñanza, que a miúdo grava vídeos dos animais e os comparte nas redes sociais. Porén, máis alá da sorpresa inicial, o fenómeno xera unha crecente preocupación polos riscos que implica.

Entre as principais inquedanzas está a posibilidade de accidentes de tráfico, ao atravesarse os xabarís de forma inesperada nas estradas, así como os danos que provocan nas leiras. “Están por todos lados” ou “é un problema”, coinciden en sinalar algúns veciños.

No ámbito agrícola, os efectos xa se deixan notar. José, un veciño da zona, decidiu pechar a súa horta tras sufrir estragos, aínda que asegura que os animais continúan merodeando polos arredores. “Onte viunos nas leiras veciñas; saíron dez e logo volveron”, relata.

A situación preocupa especialmente nestas datas, co inicio da plantación do millo, un cultivo especialmente vulnerable ao paso destes animais. Segundo datos da Consellería de Medio Ambiente, a poboación de xabarís en Galicia ronda os 82.000 exemplares, o que explica a súa crecente presenza en zonas habitadas.

Mentres tanto, en Rianxo a convivencia cos xabarís segue sendo unha realidade cada vez máis habitual, que obriga a extremar a precaución e reabre o debate sobre a xestión desta especie.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...