Localizado o veciño do Barral (Rianxo) extraviado dende o martes

09 Abril 2026

A Policía Local de Rianxo comunicou que o veciño que levaba extraviado e sen paradoiro coñecido dende este martes 7 de abril foi finalmente localizado preto do seu domicilio e en bo estado de saúde, aínda que con sinais de desorientación, polo que foi trasladado en ambulancia ao hospital para efectuarlle unha análise médica detallada. O achado do home rexistrouse na noite deste mércores.

Os axentes agradeceron a colaboración cidadá e a difusión da publicación, “que resultaron de gran axuda”, indicaron.

O home, identificado como Fernando Otero Mosquera, ten 65 anos e reside na zona de lugar de Barral. Segundo a información facilitada polas autoridades a mediados desta semana, perdéuselle a pista o martes e ante esta situación os familiares comunicaron a situación a Protección Civil e á Policía Local, que iniciaron un dispositivo de busca que foi retomado ao día seguinte, mércores, e que se concentrou en boa medida na contorna do Barral.

No dispositivo participaron tamén os axentes da Garda Civil, e tamén efectivos de Protección Civil de Ribeira, A Pobra, Rois, Boiro, Catoira e Padrón, ademais dos de Rianxo. Tamén se implicou un bo número de veciños do concello (incluído o alcalde, Julián Bustelo) e, ademais, foron mobilizados medios aéreos, entre os que se contaban vehículos non tripulados e un helicóptero da Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.