José Antonio Vila Brión recibe a Medalla de Ouro do Concello do Son

27 Abril 2026

A Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son acolleu este luns 27 de abril o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares co municipio sonense.

O acto contou cunha gran afluencia de público, así como tamén coa distinguida presenza do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, que oficializou a misa.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, foi o encargado de entregar a medalla a José Antonio Vila, nunha xornada moi emotiva e na que tamén asistiron membros do Goberno local, deputados autonómicos, o comandante Xefe do Eva10, o capitán da Garda Civil e o patrón maior de Porto do Son e Portosín.

José Antonio Vila Brión exerceu durante anos como sacerdote en Baroña e Xuño.

Antes do seu traballo como sacerdote nas ditas parroquias exerceu como capelán militar durante máis de tres décadas. En outubro de 2021, foi un dos catro sacerdotes veteranos condecorados pola súa longa traxectoria e labor pastoral na zona durante a celebración do Pilar.

 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.