Este 26 de abril celébrase a III Andaina de Abelleira

24 Abril 2026

Este domingo 26 de abril toca poñerse roupa e calzado de camiñar para participar na III Andaina de Abelleira (Muros), con saída ás 10.00 horas dende Sorribos. Organiza a Comisión de Festas Campo de Ventín, coa colaboración do Concello de Muros e o patrocinio de Eroski Center. Inclúe un percorrido circular de 11 quilómetros con dificultade moderada-baixa, unha moi boa oportunidade de facer unha andaina e desfrutar das vistas da ría. A inscrición é de 12 euros (a través da bio de instagram). Haberá café e avituallamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...