“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

17 Abril 2026

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.
Albert Einstein: Alemania 1879 – EUA 1955. Físico e matemático.

No estado español, o “medicamentazo” (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)
permitiu a exclusión do financiamento público de 417 fármacos utilizados para “síntomas menores”
co obxetivo de “reducir” a factura farmacéutica. Supuxo un “aforro ao sistema”… pero aumentou o
gasto directo dos cidadáns, pola elevación excesiva do prezo. O obxectivo era “aliviar” as arcas
públicas do Sistema Nacional de Salud, nun contexto de crise económica…a costa dos cidadáns!
Os afectados, pagan unhas cantidades abusivas, pola subida de prezos permitida polo PP. Os
medicamentos afectados son, en teoría, para doenzas leves ou crónicas: refluxo gástrico, varices,
dores musculares, laxantes, antiácidos, mucolíticos, etc… Máis de metade, encarecéronse desde a
aplicación do medicamentazo. Un de cada cinco, duplicou (e ata triplicou) o seu prezo. Foi un dos
recortes do goberno que maior rexeitamento social e político provocou, por ser os Pensionistas un
dos grupos máis afectados.
O impacto económico fixo que os cidadáns, asumiran 450 millóns de € cada ano. O
“copagamento” para os xubilados foi do 10%, ata un tope determinado (antes non pagaban nada). A
lista inicial foi de 417, aínda que 97 deles, siguen sendo financiados en casos de enfermidades
crónicas, oncolóxicas ou de carácter dexenerativo. No estado, non pagan ou están exentos do
copagamento farmacéutico os Pensionistas cuxa renda anual é inferior a 5.635 € ou inferior a
11.200 € se non están obrigados a declarar IRPF. Os Pensionistas beneficiarios de pensións de
xubilación ou invalidez non contributivas. Parados de longa duración que esgotaran o subsidio por
desemprego (480 €). Perceptores que reciben axudas por Renda Activa de Inserción ou o Ingreso
Mínimo Vital. Menores de 18 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Os afectados da
Síndrome Tóxica e outras Enfermidades Raras incluídas na normativa. En tratamentos por accidente
de traballo por enfermidade profesional. Para beneficiarse, é necesario ter a Tarxeta Sanitaria
Individual actualizada, a cal rexistra o nivel de achega farmacéutica correspondente segundo os
dados da Axencia Tributaria e a Seguridade Social.
O “medicamentazo” do 2012: segue vixente nas súas liñas xerais. Os pacientes seguen
pagando o 100% destes medicamentos excluidos!
Actualmente estase tramitando a Lei dos Medicamentos e Productos Sanitarios e aparece de
novo, no discurso institucional: que non hai un avance concreto sobre a súa tramitación, tras superar
a fase de consulta pública. A ministra, asegurou que “seguirá avanzando na tramitación desta
norma, á que situou como a chave para redefinir o acceso aos tratamentos en España. Busca
mellorar a incorporación da innovación terapéutica, fomentar o uso de xenéricos e biosimilares e
reforzar a nosa capacidade para previr desabastecementos, sempre cun obxectivo claro: garantir
que os pacientes accedan antes aos tratamentos que achegan valor en saúde e facelo de maneira
sostible para o sistema público”. En calquera caso, asegura que “como moi tarde, a norma verá a
luz a comezos de 2026, consolidando un novo marco regulador farmacéutico adaptado ás
necesidades actuais do sistema sanitario”…pero sigue en vigor!
O obxectivo de aforrar 500 millóns de € anuais, supuxo un aforro sí… para o estado, pero un
incremento directo no gasto dos usuarios.

P.S. Actualmente, Donald Trump, aparte das barbaridades que está facendo na guerra
de Netanyahu, está ca “Cláusula de la Nación Más Favorecida”, que fai que a publicación dos

prezos dos medicamentos noutros países, poda poñer en risco a súa comercialización temperá. As
bravuconadas diarias de Trump, teñen na política farmacéutica, un dos seus protagonistas. Esta
cláusula, estipula que os EUA “pagarán polos medicamentos, unha cantidade igual ao prezo máis
baixo pagado polos países do G7, máis Suíza e Dinamarca”. A retórica de Trump, segue a mesma
liña que os seus argumentos no gasto en defensa: “a idea de que outros países aproveiten os altos
investimentos dos EUA para aforrarse cartos e manter baixos os niveis de investimento, nos seus
propios países”. Este concepto impera para os medicamentos… e para as armas! Que pena!

Dr. Xosé Ma Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.