Domingo 19, nubes e claros e temperaturas sen cambios

18 Abril 2026

O domingo, seguimos baixo a influencia anticiclónica, aínda que coa presenza de aire frío en altura que deixará unha xornada de certa inestabilidade atmosférica.

Os ceos presentarán alternancia de nubes e claros na maior parte do territorio, mentres que co avance do día entrarán brétemas entre as Rías Baixas e o Golfo Ártabro, afectando especialmente ao litoral.

Pola tarde, espérase o crecemento de nubes de evolución no interior, que poderán dar lugar a chuvascos de carácter treboento, de distribución irregular pero puntualmente intensos.

En canto ás temperaturas, en xeral non experimentarán cambios significativos. Porén, rexistrarase un lixeiro descenso nas Rías Baixas e un ascenso na zona da A Mariña Lucense.

O vento soprará frouxo e de dirección variable, reforzando a sensación de tempo cambiante ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar; vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.