Carabela reúne talento noiés nun concerto especial polas Festas de San Marcos

23 Abril 2026
O grupo Carabela nunha imaxe de Antonio Rubio

O grupo Carabela, singular referente da nova música galega, vai ser un grandes protagonistas da edición 2026 das Festas de San Marcos, en Noia. A banda presentará unha actuación especial na súa vila natal o vindeiro 25 de abril ás 22h na praza do Tapal, un concerto pensado como celebración colectiva, no que o conxunto compartirá escenario con outras artistas e músicas noiesas, abrindo o seu repertorio á colaboración e poñendo en valor o talento musical local nunha das datas máis festivas da localidade.

Entre as artistas convidadas atópanse Brais Sánchez (Momboi), Pablo Martínez e Marcos Turnes (Mirandoflores), Nacho Carnota (violín), Rhome, o Coro de Sondela e Diego Flâneur.

A agrupación noiesa Carabela está formada por Ana Moas, Pablo Agra, Alba V. Burke e Pablo Pazos.

Carabela onstrúe un universo sonoro propio onde conflúen o pop-rock alternativo e a electrónica, con ecos da música tradicional.

Tras a publicación dos EPs Nó (2023) e A noite (2024), co que acadaron o Premio Narf, e do disco de remixes Club A Noite (2025), a banda continúa a consolidar unha traxectoria en ascenso dentro e fóra de Galicia.

Sobre Carabela

Carabela é unha das propostas máis destacadas da nova escena musical galega. A banda, formada por Ana Moas (voz), Pablo Agra (guitarra eléctrica, voz e programacións), Alba V. Burke (sintetizadores) e Pablo Pazos (baixo), constrúe unha identidade sonora propia na que conflúen o pop, a electrónica e a música tradicional.

Carabela ten percorrido algúns dos escenarios máis destacados do panorama musical galego, como o Festival Maré, o Festival de Cans, o Facela Fest, o Osa do Mar ou os emblemáticos Teatro Colón e Sala Capitol. Entre os seus fitos destaca ter acadado o Premio Narf, compartir táboas con referentes como Mercedes Peón e levar o seu directo fóra de Galicia a cidades como León ou Madrid.

O grupo debutou en 2023 co EP Nó, co que foi finalista nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Electrónica. En 2024 publica A noite, un traballo no que amplían horizontes sonoros e conceptuais, explorando novas paisaxes dentro do seu universo musical.

Con A noite, Carabela acada o Premio Narf 2024 e inicia unha nova etapa de proxección, que inclúe fitos como a súa colaboración con Mercedes Peón en 2025. Ese mesmo ano publican Club A Noite, un disco de remixes co que revisitan e expanden o seu traballo anterior desde unha perspectiva colaborativa con destacados artistas do panorama da música electrónica en Galicia.

Ao longo de 2025, a banda percorre escenarios como o Festival Maré, o Osa do Mar ou o Festival de Cans. Xa en 2026, presentan varios concertos nun formato máis íntimo en espazos patrimoniais como a Capela de Santa María en Lugo e a Capela do Centro Torrente Ballester en Ferrol, ata desembocar na ría de Noia, onde ofrecerán na súa casa un espectáculo de maior formato rodeados doutros artistas locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.