A Rede Cultural 2026 programa 1233 actuacións cun investimento de 1,57 millóns de euros

21 Abril 2026
Natividade González, deputada de Cultura

A Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña programará un total de 1233 actuacións, nunha axenda que segundo a institución chegará a todos os concellos da provincia. O investimento da administración provincial no circuíto alcanza os 1 571 167,01 euros. Teatro, monicreques, maxia, danza, música, cinema, narración oral e outros contidos para a dinamización social do galego completan un amplo catálogo.

Os diferentes espectáculos distribúense entre catro programas:

— Escena ao vivo, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos, incluirá 918 actuacións (515 de teatro, 269 concertos, 107 de maxia e 27 de danza).

— Visións, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 71 proxeccións.

— Lingua a escena!, programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos: 110 actuacións.

— Alicerce, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 134 actuacións.

A Deputación asume o 75 % do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5000 habitantes, o 60 % nos que teñen entre 5001 e 10 000, o 50 % nos de entre 10 001 e 20 000, o 40 % nos de entre 20 001 e 50 000 e finalmente un 30 % nos de máis de 50 001.

“Con esta nova edición da Rede Cultural consolidamos un modelo descentralizado, sustentábel e participativo, que sitúa a cultura como un dereito e un servizo público”, sinala a deputada de Cultura, Natividade González, engadindo que “a cultura crea comunidade, xera emprego e, sobre todo, emociona e transforma; e desde a Deputación seguiremos traballando para garantir este dereito en todos os recantos da provincia”.

O departamento de Cultura provincial segue apostando, segundo a deputada, «por un circuíto que tece redes e que, desde a proximidade e en colaboración coas administracións locais, enriquece a vida da veciñanza, ademais de proporcionar un espazo de traballo relevante e ofrecer oportunidades profesionais a compañías e artistas».

A resolución de adxudicación aos concellos dos espectáculos da Rede Cultural 2026 pode consultarse no BOP n.º 71, do 17 de abril de 2026.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...