“A primeira reitora”. Luís Celeiro

18 Abril 2026

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankins
mundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades das
institucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no fin do mundo,
onde remata a terra e comeza o mar que non se acaba, hai tres universidades verdadeiras, pero
unha delas, a USC ten máis de cincocentos anos e agora ten como reitora a Rosa Crujeiras, unha
profesora nova, a primeira que, por mor da norma, ten por diante un mandato de seis anos.
As persoas vinculadas directamente á Universidade, votáranlle ou non, agora teñen a Rosa Crujeiras
como a súa reitora, e deben defendela e apoiala como a mellor reitora de tódalas universidades. As
discrepancias, as liortas electorais e as desavinzas xa quedaron alá lonxe dos tempos que comezan
para que a Universidade, unha das empresas máis importantes do país, sega o seu ritmo e manteña
o seu paso nos eidos da docencia, da investigación, no compromiso social e na formación en
igualdade de cidadáns libres, sexan homes ou mulleres, da beira do mar, do centro de calquera
cidade ou daquela aldea da outra montaña.
O cadro de persoal da USC, segundo os datos estatísticos aportados pola propia Institución, está
composto por máis de 4.600 persoas. Algo máis da metade destas persoas son mulleres e máis do
80% traballan en centros ou servizos do Campus de Santiago. En Lugo son poucos, pero tamén é moi
importante o seu facer. Todos saben (sabemos) que a universidade proxecta o futuro e ensina, a
través da creación e da divulgación do coñecemento, a abordalo con éxito.
O achegamento da Universidade ao futuro vén dende sempre, pero en Galicia, como moi ben di a Tía
Manuela, “apurou o paso co reitor Carlos Pajares, a principios dos anos oitenta”. Pajares Vales, de
Física Teórica, foi o reitor da Universidade galega aos seus trinta e nove anos. Despois o historiador
Villares Paz, seguido polo filólogo, Darío Villanueva, e outro físico, Senén Barro, un mozo de 40
anos, que impulsou a Universidade cara o uso das novas tecnoloxías.
Juan Casares, Juan Viaño e Antonio López foron os últimos Magníficos reitores. Agora a comunidade
universitaria elixiu á matemática Rosa Crujeiras, como a primeira muller reitora. Parabéns!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...