A música de Frank Sinatra soará no Auditorio de Ribeira este 24 de abril co concerto “As time goes by”

23 Abril 2026

O concerto As time goes by fará desfrutar ao público de Ribeira da música de Frank Sinatra o 24 de abril, ás 20.00 horas, no novo Auditorio Municipal. Temas míticos como New York, New York ou Blue moon soarán da voz de Borja Quiza con Fernando Briones ao piano, Juan Cañada no contrabaixo e Miguel González co saxofón. A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que chega “ao buque insignia da cultura un evento que pretende divulgar o patrimonio cultural e musical da canción americana do século XX e a súa transcendencia na cultura popular”.

Neste senso tamén se pronunciou o barítono lírico, Borja Quiza, para quen é a primeira vez que actúa en Ribeira. “Esta é unha homenaxe a Sinatra e outros artistas de música melódica do século XX”, como ben apuntou o artista galego. A venda das entradas comeza no venres, 27 de marzo, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 25 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.