A experiencia escolar de Rianxo recuperando o seu cancioneiro co-protagonizará este xoves unha xornada do Consello da Cultura Galega

08 Abril 2026

Recoller a memoria oral desde a escola: experiencias e retos é o titulo da xornada coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) pon o foco no valor pedagóxico e cultural das iniciativas educativas centradas na recolla da oralidade popular en Galicia, e que tamén pon o foco na urxencia de adaptar as metodoloxías de rexistro de coñecemento ás novas tecnoloxías da información.

No marco desta actividade, impulsores e estudosos de diferentes iniciativas como as Escolas Proval ou o Cancioneiro escolar urxente do concello de Rianxo explicarán os seus proxectos na sesión deste xoves 9 de abril (a partir das 16.00 horas).

Xavier Groba González, Tereixa Otero Dacosta e Ramón Pinheiro Almuinha coordinan esta sesión presencial que tamén se pode seguir en directo desde a web do CCG e a canle de YouTube.

O Consello da Cultura explica que o profesorado e o alumnado galego teñen desenvolvido durante décadas múltiples proxectos destinados a preservar manifestacións da tradición oral (cantigas, relatos, testemuños de vida, lendas ou costumes) que “malia seren cotiás, non sempre recibiron o recoñecemento que merecen”. Porén, “lonxe de seren prácticas do pasado, estas experiencias seguen a demostrar a súa vixencia como ferramentas educativas de primeiro nivel”, apuntou o CCG, engadindo que “a través delas, o alumnado non só se achega ao coñecemento da lingua e da literatura, senón tamén á música, á historia recente e aos modos de vida das xeracións anteriores, fortalecendo ao tempo os vínculos interxeracionais”.

O programa

A xornada incluirá a presentación de diversas experiencias, tanto históricas como actuais, que exemplifican o potencial deste tipo de traballos. Entre elas destaca o proxecto Cancioneiro escolar urxente do concello de Rianxo. Educación Km 0, impulsado por José Luis do Pico Orjais. Esta iniciativa céntrase na recolla e recuperación de cantigas tradicionais directamente da contorna máis próxima do alumnado, reivindicando o patrimonio musical local como recurso educativo inmediato. O proxecto contribúe a evitar a perda de repertorios populares e fomenta a implicación da comunidade no proceso educativo.

Tamén se presentará a experiencia da Fonoteca Escolas Proval, dispoñíbel no Arquivo Sonoro de Galicia. Trátase dunha iniciativa estudada por Tereixa Otero Dacosta, que recolle testemuños de historia oral na comarca do Val Miñor. “Este proxecto destaca polo seu valor documental e social, ao conservar relatos de vida que permiten reconstruír a memoria colectiva da zona, ao tempo que introduce o alumnado nas metodoloxías propias da investigación histórica”, salienta o CCG.

Outro dos proxectos abordados será Cántame e cóntame avoa, o noso tesouro de cantigas, coordinado por M.ª Carme Fernández Vázquez. Esta iniciativa céntrase na educación infantil e promove o contacto directo entre nenos e maiores para a transmisión de cantigas tradicionais. “A súa relevancia reside na introdución temperá do alumnado no patrimonio inmaterial e na creación de espazos de aprendizaxe afectivos que fortalecen a identidade cultural desde idades moi temperás”, destacou o Consello da Cultura Galega.

A xornada tamén permitirá coñecer o corpus de gravacións dos cursos de galego elaborados polo Instituto da Lingua Galega entre 1979 e 1985, presentado por Francisco Fernández Rei. “Este arquivo”, sinala a organización da xornada, “constitúe unha fonte de grande valor para o estudo da lingua galega, ao documentar diferentes variedades dialectais e usos reais do idioma nun momento clave para a súa normalización”. O seu aproveitamento actual abre novas vías tanto para a investigación como para a didáctica.

A sesión concluirá cun debate moderado por Xavier Groba González, no que se analizarán os principais retos que enfronta o alumnado de primaria e secundaria á hora de recoller a memoria oral na actualidade. Entre eles, destacan a necesidade de adaptar as metodoloxías ás novas tecnoloxías, garantir a conservación e difusión dos materiais recollidos e reforzar o papel da escola como espazo clave na preservación do patrimonio inmaterial.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.