A Deputación da Coruña presenta a V Gala da Cultura

09 Abril 2026

A Deputación da Coruña presentou no Teatro Colón a V Gala da Cultura (Gala DACCultura), o evento co que a institución acompaña e protexe o labor cultural impulsado na provincia.

A gala celebrarase o vindeiro xoves, 16 de abril, ás 19:00 horas, no propio Teatro Colón, con entrada de balde.

Segundo explicou a Deputación, a nova edición constrúese arredor da idea de honrar a sorte como parte esencial da identidade e da cultura galegas, un fío argumental que guiará o desenvolvemento do evento.

Tras unha actuación en directo de Belém Tajes —gañadora do Premio Narf 2025—, a deputada de Cultura, Natividade González, explicou que a proposta parte da idea de que “din que a sorte non vén soa e que hai que buscala”, e apuntou que, nesta ocasión, “a sorte, en forma de San Andresiño, atopoute a ti e tróuxoche un convite para a V Gala de Cultura”.

González aproveitou a súa intervención para convidar á cidadanía a asistir ao evento e destacou o papel central desta cita no calendario cultural da provincia, ao reunir o conxunto dos premios culturais promovidos pola institución ao longo do ano, como a referida Tajes.

Pola súa banda, a directora artística da gala, Thais Suárez, destacou a presenza da sorte como elemento transversal da proposta, sinalando que «a sorte está moi presente na nosa cultura» e explicando que os San Andresiños funcionarán como símbolo tanto na intervención artística da fachada do teatro como na propia escenografía do evento. Suárez convidou tamén o público a achegarse á gala, lembrando que a entrada é gratuíta e subliñando o valor de vivir a cultura en directo.

A presentadora Susana Pedreira cualificou como “unha sorte” repetir conducindo esta gala —xa se encargou da anterior edición—, e abundou en que é “unha sorte” estar acompañada no escenario polo actor e músico Xoán Fórneas.

Pedreira puxo en valor que esta quinta edición é “a máis diversa das celebradas até o momento, con premios literarios, artísticos, sociais e musicais”, e salientou que “a gala permitirá ao público achegarse ás preocupacións dos creadores actuais, incluíndo novas categorías como os premios audiovisuais e de deseño, que se incorporan este ano”.

Ademais, subliñou que “a cita está pensada para ser vivida e gozada polo público”, incidindo en que “a participación da cidadanía é esencial para a cultura”.

Pola súa parte, o presentador Xoán Fórneas destacou que será a súa primeira experiencia neste rol, asumindo un papel distinto ao habitual, e definiu a gala como unha “celebración da cultura galega e en galego”.

Fórneas enxalzou a importancia de continuar promovendo iniciativas deste tipo e reflexionou sobre o concepto de “sorte” que inspira esta edición, sinalando que, fronte ao azar, a sorte introduce unha dimensión de esperanza que resulta especialmente significativa “nun mundo como o actual, en que o azar pode facer que todo mude nun instante”.

V Gala da Cultura

A gala celebrarase o vindeiro xoves, 16 de abril, ás 19:00 horas, no Teatro Colón da Coruña. No evento farase entrega formal da vintena de premios que a Deputación concedeu no último ano nas diferentes modalidades artísticas convocadas pola institución. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...