A Deputación da Coruña impulsa unha ampla programación cultural en abril

05 Abril 2026

A Deputación da Coruña, a través da súa Área de Cultura, desenvolve ao longo do mes de abril unha ampla programación cultural en distintos concellos da provincia, con iniciativas que abranguen a música, o audiovisual e a promoción da lectura, co obxectivo, en palabras da entidade provincial, “de achegar a cultura á cidadanía e favorecer o acceso en todo o territorio”.

Entre as propostas, a última en ser presentada é o ciclo de concertos dedicado a Marcial del Adalid no bicentenario do seu nacemento. Baixo o título Marcial del Adalid. Piano a catro mans, o Dúo Scaramouche, integrado por Javier Ares Espiño e Jorge Briones Martínez, interpretará a integral da súa obra para esta formación. No mes de abril están previstas dúas actuacións: o día 10 no Teatro Jofre de Ferrol, ás 20.30 horas, e o 27 no Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez, ás 19.00 horas, ambas as dúas con entrada libre até completar a cabida.

Presentacións do documental Basal

A programación da Deputación inclúe tamén a rolda de presentacións do documental Basal, dirixido por Ugia Pedreira e realizado por Óscar Górriz, que se achegará a diferentes localidades acompañado de coloquio coa propia artista. No mes de abril desenvolveranse sesións na Coruña (14), Santiago de Compostela (15), Carral (23), Muros (24), Ortigueira (28) e Cee (29).

Este traballo propón un achegamento ao proceso creativo e vital da artista nun formato de docudisco que combina música e relato persoal, ao tempo que introduce unha reflexión sobre a accesibilidade cultural. Neste ámbito, a Deputación promoverá tamén nos meses de abril e maio unhas xornadas orientadas a facilitar ferramentas para impulsar medidas de accesibilidade nos proxectos e espazos culturais.

Programación polo Día do Libro

Así mesmo, con motivo do Día do Libro, desenvolverase unha programación específica que inclúe a proxección do documental A rebelión da lectura, acompañada de coloquio coas súas directoras, Asun G. Losada e Alma Alonso. A actividade chegará a diferentes concellos ao longo do mes, con sesións en Camariñas (10 de abril), Fene (15 de abril), Negreira (16 de abril), Betanzos (17 de abril), Cedeira (22 de abril), Rianxo (23 de abril), As Pontes (24 de abril) e Mañón (30 de abril), promovendo unha reflexión sobre o papel da lectura e das bibliotecas como espazos de encontro e dinamización cultural.

Aberta a convocatoria dos premios culturais

Por último, a Área de Cultura da Deputación lembra que até o vindeiro 10 de abril —27 de xuño no caso do Otero Pedrayo— permanece aberta a convocatoria dos premios culturais da Deputación da Coruña, cunha dotación global de 111.000 euros. Estes galardóns abranguen diferentes ámbitos da creación, como a narrativa, a poesía, a banda deseñada, o audiovisual, a fotografía, o deseño ou a artesanía, entre outros, co obxectivo de apoiar e recoñecer o talento creativo.

Asemade, até o 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitude de axudas para participar no Certame Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social, unha iniciativa destinada a apoiar proxectos culturais en lingua galega que contribúan á mellora social en ámbitos como a igualdade, os dereitos civís, a diversidade, o medio ambiente, a memoria democrática ou a cohesión social.

Máis información na sección dos premios culturais da Deputacion da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...