A Deputación da Coruña e o Museo Valle-Inclán colaboran para difundir a figura do escritor

30 Abril 2026

Protexer e difundir o legado de Ramón María del Valle-Inclán, unha das grandes figuras da literatura española e unha referencia esencial da cultura galega, profundamente ligado á Pobra do Caramiñal, é o obxectivo da visita que tivo lugar esta semana ao Museo Valle-Inclán da Pobra por parte do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Nesta visita institucional ao municipio, Formoso subliñou a vontade da Deputación de explorar novas vías de colaboración e alianzas co museo para traballar conxuntamente na posta en valor e na proxección da figura de Valle-Inclán, aproveitando para coñecer de primeira man este senlleiro centro cultural.

Dicir que durante o percorrido polas instalacións, Formoso estivo acompañado polo director do museo, Antonio González Millán, polo alcalde da localidade, José Carlos Vidal, e pola concelleira Patricia Lojo. O presidente interesouse polos fondos que alberga o museo, que inclúen pezas orixinais que pertenceron ao autor, documentación, obras bibliográficas e materiais vinculados á vida e á produción literaria de Ramón María del Valle-Inclán.

Engadir que o museo está situado na histórica Torre de Bermúdez, un edificio do século XVI construído entre 1540 e 1545, que constitúe un dos elementos patrimoniais máis salientábeis da vila. Declarada monumento histórico-artístico en 1976, foi rehabilitada entre 1983 e 1987 para acoller o Museo Valle-Inclán, que abriu as súas portas en 1987 e está considerado a institución valleinclaniana decana do país.

En canto á obra de Valle, é definida como innovadora e profundamente persoal, marcou un antes e un despois coa creación do esperpento, un novo xeito de entender a realidade a través da deformación crítica. A súa influencia esténdese tanto á narrativa como ao teatro, converténdoo nun autor clave da modernidade literaria, cunha proxección que transcende fronteiras e continúa plenamente vixente.

O presidente da Deputación fixo fincapé na colaboración da Deputación co centro, que inclúe o financiamento da contratación dunha técnica para a atención ao público cunha achega anual de 20.000 euros, amais do apoio a distintas actividades.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...