A Deputación da Coruña convoca o Premio Otero Pedrayo 2026, dotado con 16.000 euros

03 Abril 2026

Otero Pedrayo en Santiago, diante da actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago

A Deputación da Coruña abriu a convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2026, un galardón que ten por obxecto “perpetuar e honrar a memoria dunha das figuras máis senlleiras da cultura galega, premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura do país e promover os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións”, informou a entidade provincial, engadindo que a dotación é de 16.000 euros, contía que achegan conxuntamente as catro deputacións provinciais galegas e a Xunta. Nesta edición, a Deputación da Coruña asume a convocatoria do premio, de acordo co carácter rotatorio anual estabelecido no seu regulamento.

O prazo de presentación de candidaturas será de tres meses desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o pasado 26 de marzo de 2026, polo que permanecerá aberto ata o 27 de xuño de 2026.

Poderán optar ao premio as persoas nacidas ou residentes en Galiza, así como os grupos de traballo, institucións e entidades que destaquen pola difusión e polo mantemento da cultura galega. As candidaturas poderán ser presentadas polas propias persoas aspirantes, por entidades académicas e culturais, polas deputacións provinciais, pola Xunta ou polo propio xurado.

Convén lembrar que o Premio Otero Pedrayo é convocado cada ano por unha das catro deputacións galegas —A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra— e constitúe un dos recoñecementos máis relevantes no ámbito cultural galego. Nas últimas edicións foron recoñecidas figuras e entidades como Rosario Álvarez e Menchu Lamas (2021), Ángel Carracedo (2022), Darío Villanueva (2023), a Coral de Ruada (2024) e a Coral Polifónica de Pontevedra (2025), entre outras referencias destacadas das letras, da investigación e da creación cultural galega.

Máis información no BOP do 26 de marzodo 2026.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...