Xornada variable o mércores 18 nas Rías Baixas e Santiago, con risco de chuvascos e treboadas locais

17 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago quedarán este mércores 18 nunha situación meteorolóxica intermedia, influenciadas pola borrasca “Therese” situada ao oeste de Lisboa e polas altas presións sobre o continente europeo.

Este escenario favorecerá a entrada de aire do sueste, deixando unha xornada con abundantes nubes medias e altas. Agárdanse chuvascos, máis probables nas zonas occidentais e especialmente durante a primeira metade do día, podendo ser localmente treboentos.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas tenderán a descender, deixando un ambiente máis suave e algo inestable (máximas de 19-20 graos).

O vento soprará do sueste, frouxo en xeral, aínda que con intervalos de intensidade moderada no litoral e nas zonas máis elevadas.

O xoves 19 día de San Xosé, festivo autonómico, agárdanse ceos con máis nubes na costa, onde mesmo haberá a posibilidade dalgún chuvasco ocasionalmente treboento.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do leste á tarde e do leste á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.