Este venres 27 de marzo, Galicia continuará baixo a influencia das altas presións situadas ao norte das Azores, cunha circulación marcada do nordés.
Agárdanse ceos moi abertos en xeral, con presenza de nubes altas e algo máis de nubosidade na metade norte.
As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.(18 a 22 graos)
O vento soprará do nordés, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral atlántico e nas zonas máis elevadas.

O noso mar; vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.



