Tempo estable o luns 16 con néboas matinais e subida das temperaturas. Empeza o tempo seco e sol.

15 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago vivirán este luns 16 unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica debido á influencia das altas presións sobre Galicia.

A situación deixará un día sen precipitacións, con presenza de néboas matinais que poderán ser localmente persistentes en vales e zonas interiores durante as primeiras horas da mañá. Co avance da xornada, estas néboas irán levantando para dar paso a ceos pouco nubrados ou despexados pola tarde.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro descenso con respecto aos rexistros da xornada anterior, mentres que as máximas subirán de maneira notable, deixando un ambiente máis agradable durante as horas centrais do día. Poden chegar ós 20 graos.

O vento soprará frouxo e de dirección variable, con predominio da compoñente leste.

meteogalicia

A posibilidade dun bloqueo atmosférico anuncia a chegada de tempo seco e soleado para os próximos 15 días. O vindeiro venres entrará a primavera ás 15:46 horas.

meteoblue

O noso mar: vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 4 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.