Rois rende homenaxe a Pilar Freire Esparís co Premio do Día da Muller

05 Marzo 2026

O Concello de Rois vai recoñecer este venres 6 de marzo a traxectoria, o compromiso e a contribución de Pilar Freire Esparís entregándolle o III Premio 8M nun acto institucional que comezará ás 17.30 horas no Auditorio Municipal. Doutora en Economía e profesora retirada de Historia Económica da USC, Pilar Freire é en palabras do Concello “un referente por introducir a perspectiva de xénero na docencia e na investigación e por visibilizar nas súas investigacións a importancia do tempo e do traballo das mulleres”.

Autora do libro A familia rural na Galicia contemporánea. O cambio nas relacións familiares nos concellos de Brión e Padrón (1850-1970), publicado en2008, Pilar Freire fixo varias investigacións sobre como a demografía inflúe na actividade económica e acabou resaltando o valor do tempo do traballo feminino e da importancia da conciliación familiar para que a muller se poida incorporar ao mercado laboral. En 2012 foi premiada pola Universidade de Santiago outorgoulle o primeiro premio á introdución da perspectiva e xénero na investigación. En convocatorias posteriores foi premiada tamén por introducir a perspectiva de xénero na docencia.

Muller moi apreciada tanto en Rois, municipio no que vive, como no ámbito universitario, Pilar Freire recibirá esta tarde o terceiro Premio 8M que entrega do Concello de Rois para conmemorar o Día Internacional da Muller.

O acto no auditorio municipal comezará este venres ás 17.30 horas coa lectura do manifesto institucional do 8M, e tras a entrega do galardón a Pilar Freire tamén se entregarán os premios do Concurso escolar de carteis do Día da Muller.

A xornada continuará coa proxección do documental Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco, dedicado á figura da artista galega que é unha das creadoras máis singulares da xeración do 27, cuxa obra e traxectoria simbolizan a ruptura de barreiras e a reivindicación do papel das mulleres na cultura.

O acto pecharase cunha charla-coloquio dinamizada por Antón Reixa, que convidará ao público a participar nun espazo de reflexión colectiva arredor da igualdade, a cultura e a memoria da mulleres.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...