Rianxo e Padrón acollen o seminario intensivo de defensa persoal feminina da Deputación

05 Marzo 2026

Rianxo e Padrón atópanse entre as sedes do IV Seminario intensivo de Defensa Persoal Feminina que organiza a Sección de Deportes da Deputación da Coruña, no marco das actividades deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A cita de Rianxo será o vindeiro 14 de marzo no Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema”.

A cita de Padrón este venres 7.

Poderán participar como máximo 75 persoas.

Os seminarios diríxense a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña. Cada obradoiro durará tres horas, contará cun máximo de 75 participantes e será gratuíto para as asistentes. As sedes desta IV edición son Cariño, Bergondo, Camariñas, Cambre, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela e Narón.

A solicitude de participación presentarase a través do formulario de inscrición no portal web de deportes da Deputación nos prazos nel sinalados, ou ben no concello de realización do Seminario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.