O local da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu este venres 20 de marzo a realización do sorteo dos 1.000 euros incluídos como premio na Campaña do Día do Pai, unha iniciativa destinada a fomentar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.
A AER confirmou que foi rexistrado “un gran éxito de participación”, alcanzando un total de 2.725 rexistros, o que supón un incremento respecto á edición do ano pasado.
“Este medre”, sinalan, “reflicte o compromiso tanto dos clientes con este tipo de iniciativas”.
Tras a celebración do sorteo, a afortunada foi Anuska Enríquez, quen participou cun tícket de compra realizada en O Delas.
A patronal salientou a implicación da veciñanza e dos establecementos locais: “Desde a Asociación queremos dar as grazas a todos os comercios participantes e a cada persoa que participou. Este tipo de iniciativas non só dinamizan a economía local, senón que tamén reforzan o vínculo entre clientes e negocios”.
Esta campaña foi co-financiada pola Xunta de Galicia.



