O PSdeG de Ribeira di que a alcaldesa e a Xunta queren “illar aos maiores da vida da cidade” 

13 Marzo 2026

O PSdeG de Ribeira emitiu un comunicado no que critica duramente o anuncio realizado polo goberno municipal do PP e a Xunta de Galicia sobre a futura residencia de maiores e advirte de que “a decisión de trasladar o proxecto á zona de Cruxeiras, preto do parque de San Roque, non só supón un novo atraso na súa construción, senón tamén un modelo de residencia que afastará ás persoas usuarias da vida diaria da vila”. 

Os socialistas consideran no comunicado compartido cos medios “que o emprazamento escollido está fóra do núcleo urbano e non permite ás persoas maiores manter unha relación natural coa comunidade”. E engade o portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta: “As residencias non poden converterse en espazos apartados da sociedade. As persoas maiores deben poder seguir formando parte da vida do pobo, saír pasear, mercar o pan, tomar un café ou manter contacto cos seus veciños e veciñas”.

Neste sentido, o PSdeG defende que “o modelo de atención ás persoas maiores debe favorecer a integración social e a proximidade aos servizos e á vida comunitaria”. E apunta: “Non compartimos un modelo que aparta ás persoas maiores da vida da vila baixo o pretexto de que estarán nunha contorna natural. Ese non é o modelo que queremos para Ribeira”, engaden. 

Ademais, os socialistas din que “o cambio de localización obriga a reiniciar trámites e pode atrasar durante anos a chegada dunha infraestrutura que Ribeira leva demasiado tempo esperando”. 

O PSdeG considera “especialmente grave” que esta situación se produza despois de que o Concello deixase de lado o proxecto anterior, no que xa se investiran máis de medio millón de euros de fondos públicos. “O que non pode facer o PP é actuar como se aquí non pasase nada cando se deixou caer un proxecto no que xa se gastaran máis de medio millón de euros de todos os veciños e veciñas”, advertiu o portavoz socialista. 

Para os socialistas “se existise unha vontade real de sacar adiante a residencia, o lóxico sería aproveitar o traballo xa feito e avanzar sobre o proxecto previo para poder iniciar as obras nun prazo máis curto”. 

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.