A influencia das pantallas nas nosas vidas é imparable. Dende que, na última década do século XIX,
os irmáns Auguste e Louis Lumière poñen en marcha o cinematógrafo, unha caixa de madeira cun
obxectivo e unha película perforada de 35 milímetros, que permitía gravar e proxectar imaxes en
movemento. A pantalla non parou de entremeterse na vida diaria das persoas, dos grupos, das
parellas e das familias.
Nesa mesma década proxéctase en París a película Salida de la fábrica Lumière, un documental no
que se mostra a saída dos empregados da fábrica dos irmáns Lumière, unha fábrica situada en Lyon,
na que se producían aparellos fotográficos.
Despois das enormes pantallas de tea, aparece a televisión, mecánica e electrónica. Varios dos
lectores, dos de máis idade, acordaranse ben da primeira televisión que viron. O señor Manuel do
Nazario sorprendía á veciñanza da súa aldea preguntando se elas, as persoas que se vían na
televisión, poderían vernos a nos? Quen sabe, respondía a súa muller, unha dona costureira, amante
de falar baixiño para non ser escoitada lonxe da casa.
Era outra cousa, a televisión era outra cousa. Uns tíñana na casa e outros ían vela a onde a había. Os
nenos da escola, coa mestra, á casa do cura, mesmamente. Era curiosa a situación, os rapaces e
rapazas xogaban entre si nas corredoiras e nos currais dos veciños do cura, mentres don José e a
mestra vían a nova televisión no cuarto onde estaba. Ao volver á casa, as nais querían saber, pero os
escolares non contaban nada.
Foi un enorme avance, aquela tecnoloxía de tubo de raios catódicos puxo ao cine e ao entretemento
na cociña de cada casa. En moitos casos, tamén no salón e no cuarto de durmir. E, xa pasados os
anos sesenta, achégase con forza a computadora, “aparello electrónico cunha memoria de gran
capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación etc., para as cales está
programada”. Xa a finais da década dos setenta aparecen monitores para computadoras persoais,
con grande resolución e pantallas de mil cores.
O negocio non se para. Aparecen as pantallas planas, interactivas, lixeiras e móbiles e niso anda a
xente, cos ollos na pantalla, sempre. Pero, como di a Tía Manuela, “o peor non é a pantalla, é o que
se pode ver nela”.
“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López
En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...



