“O Intecmar consolídase como centro de referencia para garantir a seguridade alimentaria”. Antón Luaces

17 Marzo 2026

A importancia da seguridade e da salubridade dos produtos do mar de Galicia  foi posta en evidencia este luns en Santiago de Compostela pola directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), no decurso dunha charla centrada na importancia deses aspectos nos produtos do mar, salientando a realización neste centro de máis de 8.000 mostras anuais. 

Os sjstemas de vixilancia e control  garanten a calidade e a confianza dos produtos mariños de Galicia, poñendo deste xeito en valor o traballo que desenvolve o devandito centro no seguemento  das condicións do medio mariño  e no control sanitario das zonas de produción, un labor esencial  para asegurar que os mariscos que chegan ao mercado cumpren cos máis altos estándares de seguridade alimentaria.

Paras esta fin lévanse a cabo un promedio de entre 8.000 e 10.000 mostras anuais que recollen o equipo de mostreo do propio Intecmar e os biólogos da Consellería e mesmo polas asistencias técnicas das confrarías. Amáis este instituto emite máis de 6.000 informes ao ano para posibilitar o funcionamento dos plans de xestión marisqueira  e unhas 20.000 notificacións de cambios nas zonas de produción de moluscos bivalvos a todos os axentes implicados, atendendo principalmente á situación microbiolóxica e de  biotoxinas.

Entre os principais programas de control que realiza o organismo da Xunta figuran o seguemento de biotoxinas mariñas, contaminantes e outros parámetros que poden influir na calidade dos produtos do mar, análises que permiten tomar decisións baseadas en criterios científicos e garantir a protección da saúde dos consumidores. É o caso da miticultura: o  mexillón é a estrela das rías galegas, onde permanecen fondeadas 3.337 bateas cunha produción que superou nos últimos anos as 178.000 toneladas, o que supuxo un volume de negocio superior aos 128,5 millóns de euros. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.