O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación dos chiringuitos no litoral

06 Marzo 2026


O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación de chiringuitos de tempada en terreos municipais para dar servizo ás persoas usuarias das praias do municipio. Os lotes ofertados son Coroso 1, Coroso 2, Punta Touro e Ameixida e as persoas interesadas só poderán presentar a oferta para un lote. A duración da concesión é de catro tempadas de verán que se corresponden coas anualidades do 2026, 2027, 2028 e 2029. Os O anuncio publicouse este venres 6 de marzo no perfil do contratante e no taboleiro electrónico do Concello de Ribeira, polo que se dispón de 30 días
naturais para a recepción de ofertas. A documentación e proposicións presentaranse de forma electrónica a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) ou en papel, mediante o Rexistro Xeral do Concello.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.