O Concello de Ribeira favorece a conciliación durante as vacacións de primavera

13 Marzo 2026

Como xa é habitual, as familias de Ribeira poderán conciliar nos períodos vacacionais, desta vez, coincidindo coa Semana Santa. A Concellería de Servizos Sociais puxo en marcha o Ribeira Concilia Primavera que se desenvolverá nos días 30 e 31 de marzo e do 1 ao 6 de abril, de luns a venres, agás festivos, en horario 08.00 a 16.00 horas, no Conservatorio Municipal de Música “Enrique Paisal”, se ben utilizarase o pavillón do CEIP O Grupo para actividades deportivas.

“Chegan as vacacións propias do segundo trimestre e, no firme compromiso deste Concello para favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias, poñemos en marcha o Ribeira Concilia Primavera. E, ademais da conciliación, o obxectivo deste programa é que a rapazada siga aprendendo e divertíndose. En definitiva, o Ribeira Concilia Primavera foi adquirindo ao longos dos anos grande demanda e satisfacción cidadá”, explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño.

O edil tamén se referiu ao espazos empregados, pois repítese a elección do Conservatorio Municipal “en espazos adecuados para que se leve a cabo este programa ao reunir mellores condicións para os nenos e nenas. Xa tivemos alí a edición de Nadal e foi moi boa a resposta por parte das familias polo cambio de lugar. Por suposto, seguiremos empregando o pavillón do CEIP O Grupo para accións puntuais como, por exemplo, aquelas de carácter deportivo”.

Doutra banda, a coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, indicou que se ofrecerán actividades que respecten os dereitos da infancia, teñan en conta a perspectiva de xénero e observen valores cívicos, respecto á diversidade e solidariedade, ademais de promover a corresponsabilidade nos coidados e a igualdade entre homes e mulleres.

Ofértase un total de 40 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A matrícula é gratuíta e, a maiores, hai a posibilidade do servizo complementario de almorzo e xantar dos cales cómpre consultar as condicións.

Prazo de inscrición

Ábrese un prazo de preinscrición do 16 ao 26 de marzo. As solicitudes poderán formalizarse de maneira presencial no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou na Oficina de Atención Cidadá do Concello, con horario de atención ao público de 09.00 a 14.00 horas, presentando a ficha de inscrición cuberta, a folla de autorización, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e demais documentación esixida. Tamén hai opción de facer o proceso de maneira telemática na sede electrónica municipal, dentro do apartado de Trámites destacados e Solicitude xenérica. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral e acompañala dos documentos anteriormente indicados.

As listaxes de admisión, agarda e vacantes publicaranse no 27 de marzo.

Prioridade para a participación

No caso de superar as prazas ofertadas, establécense uns requisitos de prioridade para a participación, que serán os seguintes por orde de prelación:

– Persoas empadroadas no concello de Ribeira.

– Familias con nivel de renda per cápita máis baixo ou risco de familias en risco de exclusión social.

– Familias monoparentais.

– Familias con vítimas de violencia de xénero en calquera das súas formas.

– Familias nas que o propio participante acredite unha discapacidade de, polo menos, o 33% (acreditando tal condición co certificado).

– Familias numerosas.- Familias refuxiadas ou solicitantes de asilo.

– Familias nas que traballen os dous proxenitores.

– Por rigorosa orde de inscrición segundo o número do Rexistro.

Tamén se reserva o 10% das prazas para emerxencia social.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.