O Concello de Ribeira colabora con Art for Dent na súa andaina solidaria do 21 de marzo

17 Marzo 2026

Deporte e solidariedade van da man na terceira edición da andaina Un raio de luz, promovida por Art for Dent, e que conta coa colaboración do Concello de Ribeira. A cita desenvolverase no sábado, 21 de marzo, con saída programada para as 18.30 horas, dende a praza de España para completar unha distancia de seis quilómetros que terá na chegada ao miradoiro da Pedra da Ra un dos seus momentos máis simbólicos. A meta será tamén na dita praza do centro urbano.

“Chegaremos á Pedra da Ra no momento do solpor para, precisamente, buscar ese raio de luz como ben é o lema deste evento. Preténdese así albiscar esperanza na investigación da enfermidade de Dent; causa a favor da cal irán destinados os fondos recadados nas inscricións”, manifestou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal.

O edil ratificou o compromiso da Administración local con este tipo de iniciativas que fomentan a actividade física ao tempo que se percorrerán espazos naturais do municipio con gran valor medioambiental, paisaxístico e turístico.

En representación da entidade Art for Dent, Fernando Yáñez explicou que é “unha enfermidade moi rara” que en Galicia afecta a catro familias que están na asociación, contabilizando un total de 10 casos.

Trátase dunha mutación do cromosoma X que afecta gravemente á función real e que non ten cura. Yáñez tamén indicou que a data elixida para a andaina é o día 21 por ser cando comeza a primavera, “cando a luz lle gaña terreo á escuridade”.

Agárdase superar as 200 persoas participantes e o prazo de inscrición xa está aberto. Formalizarase a través da páxina web www.galitiming.com e ten un custe de 5 euros para maiores de 12 anos, mentres que se sitúa nos 3 para menores. Como agasallo, entregaranse viseiras co logo da asociación ata esgotar existencias. Ademais deste percorrido, para este venres 13 hai programada unha charla divulgativa destinada aos escolares, a cal desenvolverase na sala polivalente do novo Auditorio Municipal e que contará con dous investigadores do Laboratorio Xenético de Enfermidades Renais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...