O Concello de Noia mellora e acondiciona as contornas de Bergondo e A Barquiña

22 Marzo 2026

O Concello de Noia continúa co desenvolvemento de actuacións de mantemento e posta en valor dos espazos públicos en distintos puntos do municipio. Nestes días estanse a levar a cabo traballos de limpeza, poda e acondicionamento nas zonas de Bergondo e A Barquiña, co obxectivo de mellorar o estado xeral destas contornas e garantir espazos máis coidados para a veciñanza.

Entre as actuacións que se están a realizar destacan o acondicionamento e o mantemento do mobiliario urbano, traballos de limpeza viaria en rúas e espazos públicos, poda e acondicionamento da vexetación, limpeza e posta a punto das beirarrúas e retirada de residuos e mellora xeral da imaxe urbana Estas intervencións enmárcanse no compromiso do Concello por “manter Noia limpa, ordenada e en boas condicións”, incidindo especialmente naquelas zonas que requiren unha actuación máis intensiva para recuperar o seu estado axeitado, e incrementar a seguridade dos peóns e tamén dos vehículos.

Dende o Concello agradecen a compresión da veciñanza polas “posíbeis molestias que estes traballos poidan ocasionar”.

Outros artigos

O director xeral de Inclusión Social visita Amicos

Varias persoas participantes nos itinerarios de orientación laboral desenvolvidas por Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, recibiron na mañá deste 16 de abril a visita do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. No centro boirense recibírono o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.