O Concello de Boiro promove un obradoiro de teatro para persoas mozas e adultas que se vai desenvolver os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas, entre os meses de abril e xuño no Centro Social de Boiro.
A actividade estará impartida por Marta Ríos e nela desenvolverase a expresión corporal, a improvisación, a comunicación, a relaxación e os xogos teatrais e dramatizacións.
As prazas son limitadas e as inscricións para participar poden facerse mediante o enderezo electrónico educacion@boiro.gal ou no 981 84 84 25.




