O BNG de Noia propón unha moción de urxencia para a mellora dos parques infantís

04 Marzo 2026

No pleno da Corporación programado para esta semana, o grupo municipal do BNG de Noia presentará unha moción de urxencia para levar a cabo a mellora dos parques infantís municipais á maior brevidade posíbel.

A xeito de xustificación de urxencia, sosteñen que “coa chegada dos primeiros días de sol, e logo da vaga de borrascas, é un clamor cidadán en Noia que os parques infantís municipais, xa en mal estado previamente, están agora aínda máis degradados. Por isto, cómpre tomar medidas urxentes”.

Proporán habilitar unha partida orzamentaria á maior brevidade posíbel “para a mellora e restauración dos parques infantís do municipio, con máis urxencia o da Alameda, polo seu estado e afluencia, e do do paseo marítimo, pola súa total degradación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.