O Auditorio de Ribeira acolleu a presentación da proba ciclista La Vuelta Feminina 2026

09 Marzo 2026

Coincidindo coas celebracións do 8M (Día Internacional da Muller), o Auditorio de Ribeira acolleu este luns 9 pola tarde a presentación da proba ciclista La Vuelta Feminina by Carrefour.es 2026. No acto deuse a coñecer o percorrido desta importante cita deportiva e debulláronse as sete etapas que conformarán a próxima edición da competición ciclista.

Durante a cerimonia, retransmitida en directo por Teledeporte, presentouse o trazado da carreira a través dun vídeo explicativo e dun comentario en directo das diferentes etapas. O acto incluíu ademais a proxección dun resumo cos mellores momentos da edición anterior da carreira e dun vídeo sobre o programa de responsabilidade social corporativa La Vuelta es Más.

Na cita participaron numerosas personalidades da política e da deporte, entre outras/os a alcaldesa María Sampedro, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, os presidentes das deputacións da Coruña, Ourense e Pontevedra (Valentín González Formoso, Luis Menor e Luis López), o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, ou a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Segundo informaron, a proba comezará o domingo 3 de maio con Galicia como gran protagonista.

Durante a presentación de La Vuelta Femenina, Diego Calvo destacou a forte tradición ciclista de Galicia e a celebración de probas consolidadas no calendario como La Vuelta e O Gran Camiño. Ademais de recordar que a nosa comunidade conta con algúns dos mellores equipos elite e sub-23 de España, salientou o crecemento do ciclismo feminino nos últimos anos.

La Vuelta Femenina by Carrefour.es volve á Galicia logo de acoller en 2021 a Ceratizit Challenge by La Vuelta, antecedente da actual rolda que, con catro etapas, se disputou daquela integramente na nosa comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.