Mar aborda co Confraría de Ribeira os desafíos urxentes do sector pesqueiro local

13 Marzo 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este venres 13 de marzo un encontro con representantes da Confraría de Pescadores de Ribeira nas instalacións da entidade profesional en Santa Uxía co obxectivo de analizar a situación actual do sector e abordar os principais retos que afronta a actividade pesqueira na zona. Durante a reunión, ambas partes intercambiaron impresións sobre a evolución da actividade extractiva e o funcionamento dunha das lonxas máis importantes de España e unha das máis relevantes de Europa no ámbito da pesca de baixura. A lonxa de Ribeira recibe descargas de arredor de 400 embarcacións e conta con 250 compradores acreditados entre almacenistas, retallistas e casas directoras de poxa, xerando ademais actividade para preto de 1.200 persoas entre emprego directo e indirecto.

Os datos de primeira venda reflicten a relevancia desta infraestrutura para o sector pesqueiro galego. No ano 2025 comercializáronse 17,6 millóns de quilos de peixe e marisco por un valor superior aos 43,5 millóns de euros, situándose como a quinta lonxa galega en facturación. Entre as principais especies comercializadas destacan o lirio, a sardiña, o polbo, a pescada ou o xurelo, ademais de mariscos como a navalla, a centola ou a nécora.

Isaac Rosón trasladou a disposición da Administración autonómica a “continuar colaborando co sector para fortalecer a actividade pesqueira, garantir a súa sustentabilidade e impulsar a competitividade dun ámbito estratéxico para a economía e o emprego na ría de Arousa e no conxunto do litoral galego”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.