Inaugurada na Lonxa de Ribeira a II edición do programa educativo Capitán Mareas

10 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou este martes 10 de marzo en Ribeira a segunda edición do Capitán Mareas, o programa educativo de Vegalsa-Eroski, que procura fomentar o consumo dos produtos do mar entre os rapaces de 8 a 12 anos e dar a coñecer a actividade pesqueira local. Na cita participaron tamén a alcaldesa María Sampedro e o responsábel da Lonxa de Ribeira, Fernando Carreira.

Así, desde marzo a maio, impartiranse 25 obradoiros en 13 lonxas, 11 galegas e 2 asturianas. Deste xeito, ademais da rula de Ribeira, estas iniciativas levaranse a cabo nas de Malpica, Laxe, Burela, Fene, Ferrol, Fisterra, Sada, Baiona, Cangas e más asturianas de Avilés e Puerto de Vega.

Para o desenvolvemento de cada acción formativa contarase coa colaboración dos nove Grupos de Acción Local Participativo (GALP) e das confrarías correspondentes. No marco das mesmas, os escolares coñecerán os testemuños do patrón maior e mariscadoras que lles explicarán o seu traballo diario no mar, as artes de pesca da zona e as propiedades dos produtos de tempada. Tamén terán a oportunidade de coñecer, de primeira man, o funcionamento dunha poxa, dentro da visita á lonxa, sendo unha das actividades máis destacadas e que máis atrae a atención dos escolares.

Con esta actuación, o departamento que dirixe Villaverde dá continuidade ao seu “compromiso coa sensibilización e fomento da introdución dos produtos do mar nos hábitos de vida saudábeis”, sinalou a conselleira, engadindo que a primeira edición logrou involucrar a 250 escolares de 9 centros educativos. O proxecto naceu coa misión estratéxica de “reverter a caída no consumo de peixe e marisco entre os máis novos, poñendo en valor o sector pesqueiro local e as propiedades destes alimentos para a salubridade, a través do contacto directo coa contorna mariña”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.