Este venres Xosé Luís Axeitos falará sobre Xosé Ramón Barreiro nas xornadas de Historia de Ribeira

26 Marzo 2026

Este venres ás 19 horas a Sala Polivalente do Auditorio de Ribeira abordará a figura do ribeirense Xosé Ramón Barreiro, o historiador que lle deu voz á Galicia Contemporánea.

XOSE RAMON BARREIRO FERNANDEZ. FOTO XOSE CASTRO

O relator da charla será o rianxeiro, Xosé Luís Axeitos. Membro da Real Academia Galega foi compañeiro e amigo de Barreiro . Axeitos é profesor membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, estudou Filosofía e Letras na USC e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, mestre de filoloxía galega.

Catedrático na Coruña é profesor da UNED. Conferenciante participu en congresos sobre o exilio e sobre distintos escriotores galegos. Organizaou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste e colaborou en exposicións sobre o libro galego e coas biografías de Dieste e Castelao. Autor de ducias de textos e colaborador de revistas e conta con múltoples recoñecementos.

Con esta charla remata a semana da “I Xornadas Históricas de Ribeira” que o longo de sete días abordou aspectos da historia local. A semana empezou co acto de celebración dos 120 anos do título de cidade de Ribeira e a toma de posesión do Cronista Oficial de Ribeira, Xosé mAría Fernández Pazos. Lustres Rivas, a historia dos cruceiros do concello e Valle-Inclán e a súa vinculación con Ribeira foron os aspectos tratados nas ponencias celebradas durant esta semana.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.