Este Domingo de Ramos marca o inicio das principais actividades da Semana Santa en Ribeira

28 Marzo 2026

Ribeira vai vivir unha Semana Santa con numerosos actos litúrxicos organizados pola Unidade Pastoral (UPA) coa colaboración do Concello e da Asociación Amas de Casa e a Asociación Cultural Alfaia.

O primeiro día da grande da celebración en Ribeira será este Domingo de Ramos (bendición de ramos, procesión e celebración da Eucaristía), no que haberá oficios ás 10.00 horas en Santa Clara e San Paio; ás 11.00 horas, na Guía, Castiñeiras, Artes e Oleiros; ás 12.30 horas en Aguiño, Corrubedo e Olveira; e ás 12.00 horas, en Ribeira.

Para o Xoves Santo, prográmase misas para as 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30 horas en Aguiño, Corrubedo e Artes; e xa en Ribeira, ás 19.30 horas, conmemórase a celebración da Última Cea e Lavatorio de pés, seguida da procesión do Paso, ás 21.00 horas, e da Hora Santa, ás 22.30 horas.

Durante a mañá do Venres Santo haberá Vía Crucis, ás 10.00 horas, dende a Santa de Moldes ata A Curota; ademais de Sermón do Encontro na praza da Igrexa de Ribeira, ás 12.30 horas. Pola tarde, celebración da Paixón do Señor, oficios ás 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30 horas, en Aguiño, Corrubedo e Artes; ás 19.30 horas, en Ribeira; ás 20.30 horas, Sermón das 7 Palabras e do Desencravo; e, ás 21.30 horas, procesión do Santo Enterro.

Tamén haberá no Sábado Santo a Vixilia Pascual, ás 22.00 horas, na igrexa de Santa Uxía.

E, no Domingo de Resurrección, misas ás 10.00 horas, no hospital; ás 11.00 horas, en Oleiros, Artes, Castiñeiras, San Paio e Santa Clara; e, ás 12.30 horas, en Aguiño, Corrubedo, Olveira, A Guía e Ribeira.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.