Campeonato de España Inclusivo Motonáutica-Grupo Davila

28 Marzo 2026

O Real Club Náutico Portosín acolleu a primeira proba do Campionato de España Inclusivo de Moton. ca-Grupo Dávila, unha cita inaugural que destacou por alcanzar unha cifra récord de participación cun total de 17 equipos.

O evento contou ademais coa presenza do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, quen quixo apoiar esta iniciativa centrada na inclusión a través do deporte.

Foto Juan Caballero

Tras a confirmación de inscricións e a celebración do habitual briefing, no que se explicaron os detalles da competición, os pilotos —acompañados polas súas tripulantes— afrontaron un esixente circuíto tipo slalom entre boias. A proba incluía recollida e depósito de cesta-pelota, manobras de fondeo e captura de cabo con bicheiro, todo iso na lámina de auga situada na bocana do porto deportivo, cun tempo estimado de execución duns catro minutos.

O mellor resultado foi para o tándem vigués formado por José Luís Fernández e Montserrat Pérez, que completaron o percorrido en 4 minutos e 16 segundos, sumando 206 puntos. Moi preto situáronse os lalinenses Cristina García e José Manuel Santiso, a tan só catro segundos, con 210 puntos. O terceiro posto foi para os noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas, que quedaron a un só punto dos segundos clasificados.

Durante a súa intervención, Roberto García destacou o labor desenvolvido pola Real Federación Galega de Moton. ca e a Asociación ADECO-DEA en materia de integración, e eloxiou a destreza dos participantes, que deben axustar os tempos sen axuda tecnolóxica e memorizar un circuíto de notable complexidade.

A xornada tamén serviu para a entrega de premios da tempada 2025, tanto a nivel galego como nacional. O título autonómico foi para Pepe Barrio, acompañado durante o campionato por María Barrio e Joaquín Barrio. Pola súa banda, o campionato de España foi para Enrique Dios e María Barrio.

A entrega de galardóns contou ademais coa presenza do concelleiro de Deportes de Concello de Porto do Son, Carlos Lorenzo; o director de deportes municipal, Luís Otero; e representantes do club anfitrión como José Codesido e Fernando González.

A segunda proba puntuable do campionato disputarase o próximo 11 de abril en augas da Ría de Muros e Noia, co Concello de Outes como anfitrión.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.