Cambio horario do sábado o domingo

28 Marzo 2026

Na madrugada do sábado 28 de marzo ao domingo 29 de marzo, os reloxos adiantarán unha hora. Así, ás 2:00h da madrugada pasarán a ser as 3:00h e comezará o denominado como horario de verán.

Este domingo, ás 2:00 h da madrugada (1:00 h en Canarias), os reloxos adiantaranse unha hora, marcando así o inicio do horario de verán. Esta modificación reducirá o tempo de descanso nocturno e, segundo expertos, pode alterar o ritmo circadiano das persoas.

Na vida cotiá, o axuste será perceptible de inmediato, xa que amencerá e anoitecerá máis tarde. Coa chegada da primavera, os días seguirán alongándose, pasando das actuais 12 horas e media de luz a máis de 15 horas nos meses seguintes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.