Boiro organiza un campamento de conciliación para a rapazada durante a Semana Santa

14 Marzo 2026

O Concello de Boiro organiza un campamento de conciliación para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos durante as vacacións de Semana Santa. A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, e as inscricións poderán realizarse a partir do luns 16 de marzo a través da sede electrónica municipal ou do rexistro xeral.

Esta iniciativa está dirixida a menores escolarizados e ten como obxectivo facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles adaptados ás súas necesidades. Ademais, o programa pretende ofrecer unha alternativa de lecer educativo e integrador para a rapazada durante os días non lectivos.

O campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Santa Baia e contará cun horario flexible, con entrada ás 9:00 ou ás 10:00 horas e saída ás 14:00 horas.

As actividades estarán baseadas en metodoloxías participativas e dinámicas que fomenten a creatividade, o traballo en equipo e valores como o respecto e a solidariedade. O programa estará adaptado ás distintas idades e ás necesidades socioeducativas das persoas participantes, incorporando ademais unha perspectiva non sexista nas propostas educativas.

O campamento contará cun total de 25 prazas. Para a súa adxudicación darase prioridade aos nenos e nenas empadroados no municipio de Boiro, tendo tamén en conta a situación laboral dos proxenitores e a orde de entrada das solicitudes. O custo de participación será de 15 euros por persoa participante.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.