Belén do Campo e Francisco Calo celebran avalían as necesidades do concello de Outes

13 Marzo 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Outes, Francisco Calo, no marco da rolda de encontros que está a desenvolver cos rexedores da provincia co obxectivo de avaliar as necesidades prioritarias dos distintos municipios.

Durante o transcurso da reunión, a delegada da Xunta lembrou que este concello está adherido ao convenio de xestión de biomasa nas franxas secundarias, así como ao convenio de brigadas municipais.

Neste contexto, trasladáronse diferentes propostas para desenvolver actuacións no ámbito forestal e impulsar medidas de prevención de incendios.

Ademais, durante o encontro tamén se analizaron as distintas liñas de axudas ás que este concello está a concorrer, especialmente nas áreas de administración local, medio ambiente, xestión de residuos, espazos naturais e turismo.

Finalmente, abordáronse tamén varias consultas relacionadas co litoral co obxectivo de avaliar posíbeis actuacións futuras neste ámbito.

Finalmente, a delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre a Xunta e o Concello para dar resposta ás demandas dos veciños de Outes e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.